Reapertura do Parque Arqueolóxico de San Cibrán de Lás, que organiza o campamento "Concilia Lansbrica" do 7 ao 31 de Xullo
Xa volven ser visitables tanto o xacemento como o museo do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrán de Lás, tras o obrigado peche pola pandemia do coronavirus
Ata o 30 deste mes de Xuño o horario de visitas vai dende as 10 ás 18 horas de martes a venres e de 10 a 20 horas durante as fines de semana, con servizo de cafetería ata as 22 horas.
Do 7 ao 31 de Xullo está programado un campamento de verán para nenos de 6 a 14 anos, o "Lansbrica Concilia 2020", con posiblidade de asistir dias soltos, xornada completa ou media xornada, con opción a merenda e servizo de comedor. Para a unha detallada información, tanto prezos como condicións e programa de actividades, atenden no teléfono 988 267 285.