Reboredo renuncia á súa acta de concelleiro da corporación, lamentando "non poder rematar o mandato no grupo do BNG"
Na comparecencia na que Marco A. Reboredo fixo balance do traballo desenvolvido como concelleiro nos dous últimos anos, fíxose acompañar de outro ex-concelleiro e ex-responsable do consello local do BNG, Xosé Dobarro.
"Estou aquí na miña condición de militante inactivo do BNG para mostrar o meu apoio a Reboredo polo traballo que fixo tanto como responsable local no seu momento como concelleiro durante estes últimos anos, e lamentar a actitude que tivo o BNG en relación a este asunto", dixo Dobarro.
Pola súa parte, Reboredo tamén lamentou chegar a esta situación e pedíu disculpas aos votantes do BNG "e tamén aos que persoamente me votaron por non poder rematar este mandato".
Asegurou o xa excconcelleiro carballiñés que a súa intención en todo momento foi a de seguir formando parte do grupo municipal do BNG dende que fai 9 meses decidíu darse de baixa na nesta formación política "en varias ocasións intentei reconducir esta situación, pero eso non foi posible, e incluso se foi enquistando co paso do tempo, polo que penso que o mellor é renunciar á acta de concelleiro e facilitar que entre a persoa que considere oportuno o BNG", subliñou.
Tras abandonar o BNG, éste pedíulle que renunciase á acta, aínda que Reboredo optou por continuar como concelleiro non adscrito, agora, finalmente, decide retirarse da vida política municipal "aínda que seguiréi participando en política", manifestou Reboredo.