Recibe a alta hospitalaria a primeira carballñesa que ingresou no CHOU con coronavirus
Quince dias despóis do seu ingreso, ven de recibir a alta hospitalaria a carballiñesa de 69 anos de idade que fora ingresada no CHOU despois de dar positivo en coronavirus, e tras regresar a O Carballiño dunha viaxe de lecer fora de Galicia.
A muller, veciña da parroquia de Seoane, xa se encontra no seu domicilio.
Según os datos actualizados esta mañá pola Conselllería de Sanidade, outras 34 persoas deron positivo no COVI 19 na Área Sanitaria de Ourense nas últimas 24 horas, que elevan a cifra total a 694 persoas contaxiadas no ámbito provincial. En Galicia xa son 4.635 casos recoñecidos oficialmente.