Recomendable para maiores de 50 anos: a Mancomunidade pon en marcha talleres de estimulación cognitiva

25, Setembro 2018

A Mancomunidade de Concellos do Carballiño informa da posta en marcha da segunda edición dos talleres de estimulación cognitiva denominados Entrenando as cabeciñas, dada a acollida e o éxito que tiveron durante a edición 2017/18.

Trátase dunha actividade destinada a persoas maiores de 50 anos, moi importante para fomentar as capacidades cognitivas e fomentar un envellecemento activo e saudable.

Esta iniciativa será impartida polo Programa de Educación Familiar; e serán as 4 educadoras familiares que forman o equipo as que se desprazarán a cada un dos 5 concellos integrantes para traballar áreas tan importantes como a linguaxe, a memoria, o cálculo, a atención e as funcións executivas.

A programación iniciarase no mes de outubro, seguindo a seguinte planificación:

BEARIZ CASA DO CONCELLO LUNS, de 10:00H a 11:00 Horas

BOBORÁS LOCAL SOCIAL REGUEIRO LUNS, de 11:30H a 12:30 Horas

IRIXO CASA DO CONCELLO LUNS, de 12:00H a 13:00 Horas

SAN AMARO CASA DO CONCELLO MARTES, de 12:00H a 13:00 Horas

PIÑOR C. SOCIAL ALBARONA MÉRCORES, de 10:30 a 11:30 Horas

A actividade dará comezo o 1 de outubro e, a pesar de que se fará un descanso por mor das datas do Nadal, está previsto continuar co seu desenvolvemento ata o mes de maio, sempre e cando se manteña a demanda da actividade.

Toda persoa interesada en participar debe comunicalo no seu concello, onde formalizará a inscrición nesta actividade, totalmente gratuíta.