Recupérase a actividade deportiva no Paco Chao, xa poden utilizarse as instalacións con cita previa
A partir de hoxe, e tras procederse á desinfección das pistas, as instalacións do pavillón municipal de deportes Paco Chao permanecerán abertas, retomándose a actividade deportiva con entrenamentos de equipos e escolas deportivas.
Para usar as pistas do pavillón é preciso solicitar previamente a quenda correspondente chamando ao teléfono do concello 988 530007.
Esta semana o horario de apertura é de tarde, pero a partir do próximo luns será tanto de mañá como de tarde.
O luns tamén se retomarán as clases da escola municipal de tenis, que quedaron interrumpidas durante o confinamento a causa da covid-19