Relevo na Federación de Asociacións de Veciños: Aurora Gómez substitúe na presidencia da Xunta Directiva a Eulogio Alonso

24, Marzo 2015

A Presidenta Asociación de Veciños de Arcos foi elixida como nova presidenta da Federación Veciñal carballiñesa, que agrupa a totalidade das asociacións de veciños dos pobos e parrroquias do municipio carballiñés, e tamén ás existentes na propia vila do Carballiño.

Aurora Gómez substitúe á fronte da federación veciñal a Eulogio Alonso, presidente da Asociación de Veciños de Veiga, que veu exercendo o cargo durante os últimos anos.