Rematan as obras construcción dun camiño peonil e mellora do entorno do Bañiño de Arcos
As obras consistiron na construcción dun camiño peonil de pedra rústica, desde a antiga piscifactoria ata o entorno desta fonte de auga minero-medicinal, propiedade do pobo de Arcos.
A actuación, que representou un investimento de 50.000 euros, foi executada pola empresa PROYECON, e incluíu tamén a colocación de novas bancadas de pedra na zona.
Esta obra enmarcouse dentro do programa de desenvolvemento termal que promove a Deputación Provincial, e foi xestionada polo anterior grupo de goberno do Partido Popular no concello carballiñés.