Rematan as obras de mellora no Bañiño de Arcos
Veciños e veciñas de Arcos celebraron o remate das obras de consturcción do novo aparcamento e acceso peonil dende a estrada do Irixo á zona termal do Bañiño.
O alcade, Francisco Fumega, así como os concelleiros de Turismo e Medio Rural, José Manuel Dacal e Rosarío González, respectivamente, asistiron a este evento informal no que tamén participaron os operarios que levaron a cabo a reforma.
O proxecto foi financiado pola Deputación provincial dentro do plan de infraestruturas termais e consistiu na construcción dun aparcamento para vehículos e a continuación do camiño peonil pola vella piscifactoría de Carinsa.
O concello do Carballiño ten previsto promover unha segunda fase para acondicionar a carballeira e a estrada de acceso dende Arcos.