RENFE continúa sen restablecer ningún dos 3 trens diarios que transitaban entre as estacións do Carballiño e Ourense suprimidos polo estado de alarma
O Sector Ferroviario de CGT-Galiza protestou hoxe contra os recortes de servizos ferroviarios que a empresa pública RENFE está a facer aproveitando a crise da pandemia, concentrándose na estación de Compostela as 12hs. A dia de hoxe, RENFE aínda non restableceu ningún dos 3 trens diarios que antes da declaración do estado de alarma en Marzo de 2020 transitaban a diario entre as estacións do Carballiño e Ourense. Nin os restableceu nin anunciou a súa reposición.
Así dos 80 trens de media distancia que circulan diariamente polas vías ferroviarias, RENFE tan só restableceu a circulación de 43, a mayoría no eixo atlántico Coruña-Vigo, seguindo suprimidos 37 trens que circulan principalmente polo rural galego, nas liñas Vilagarcía-Padrón-Compostela, Vigo Guixar-Arcade-Pontevedra, Vigo Guixar-Porriño-Valença do Minho, Coruña-Ferrol, Ferrol-Ribadeo, Vigo Guixar-Ourense-Monforte-Ponterrada, A Coruña-Lugo-Monforte.
Mentres RENFE anunciou que a partir do vindeiro 14 de Xuño restablecerá o 100% dos trens de Longa Distancia Galiza-Madrid e programa o 100% dos trens turísticos galegos pra este verán, a partir de hoxe 7 de xuño restablece dous servizos mais de media distancia Vigo Urzaiz-Coruña-Vigo Urzaiz, co que aumenta a un 53% as circulacións de Media Distancia repostas tras a finalización do estado de alarma, seguindo suprimidos todos os servizos de proximidade Vigo Guixar-Pontevedra-Vigo Guixar, Vilagarcía-Santiago-Vilagarcía, Vigo Guixar-Valença do Minho-Vigo Guixar, O Carballiño-Ourense-O Carballiño.