Renuncia a súa acta de concelleiro o nacionalista Luis Pérez "Ficol"

26, Setembro 2013

Tras 15 anos de concelleiro do Bloque Nacionalista Galego no concelleiro de Leiro presentou un escrito de renuncia no rexistro Municipal. Ocupará o seu lugar na corporación muncipal Rebeca Paz.

Luis Pérez "Ficol" alude á"acumulación de traballo e a necesidade de renovación" para xustificar a súa decisión, e aclara que "de ningún xeito esta renuncia supón que me vaia apartar da vida política municipal nin a miña actividade dentro do BNG, formación na que levo 30 anos militando e na que seguiréi traballando na miña condición de responsable do consello comarcal do Ribeiro e membro do consello nacional", manifestou a esta emisora de radio o veterano militante nacionalista.