Repuntan os positvos na Área Sanitaria de Ourense, aínda que baixan os ingresos na UCI
Volve repuntar no número de contaxios na provincia de Ourense, tras contabilizarse 39 positivos en coronavirus na últimas 24 horas.
Como pode observarse na gráfica, a Área Sanitaria de Ourense está por riba da media tanto española como galega, ao superar os 325 contaxios por cada 100.000 habittantes, unha circustancia que é debido fundamentalmente aos casos de contaxios masivos en residencias de maiores, que son máis dun tercio do total de 1.041 persoas confirmadas co COVID 19.
A boa noticia está no número de pacientes nas UCIs do SERGAS, que sigue descendendo lentamente por sexto dia seguido, son en total 155 persoas ingresadas a dia de hoxe nas Unidades de Cuidados Intensivos, o que representa unha ocupación do 56% da capacidade total.