A residencia carballiñesa acadou este verán o mellor dato de ocupación da última década: "Vacacións en familia" da Xunta superou as 2.100 persoas beneficiadas e as 12.000 pernoitas nas residencias de Panxón e O Carballiño
A última edición do programa ‘Vacacións en Familia’ da Xunta, que se celebra no verán nas Residencias de Tempo Libre de Panxón (Nigrán)e do Carballiño rexistrou 2.151 persoas beneficiarias. Esta cifra supón un incremento do 33,2% respecto á de 2022 e, ademais, superáronse as 12.000 pernoctacións nas dúas residencias durante a pasada tempada estival.
Estas cifras supoñen os mellores datos de ocupación da última década rexistrados neste programa, a través do cal ofrécese ás familias galegas e doutras comunidades autónomas a posibilidade de ter unha estadía de verán de seis días nalgún destes dous centros públicos, a prezos moi económicos e en réxime de pensión completa. Nos últimos anos a Xunta foi introducindo melloras en ‘Vacacións en Familia’.
Así, na última convocatoria volveuse incrementar o número de prazas ofertadas un 44% ata acadar as 2.760, o máximo histórico neste programa. Isto foi posible porque se ampliaron as quendas ata finais de setembro para aquelas familias con fillos maiores ou sen fillos que tamén queren desfrutar destas residencias. Melloras Ademais, este verán mantivéronse as quendas de menor duración —seis días en lugar de dez—, máis adaptadas á realidade do que solicitan as familias.
As familias numerosas, monoparentais e acolledoras tiveron prioridade en todas as quendas, e estableceuse unha reserva mínima do 50% para solicitudes de fóra de Galicia para potenciar que veñan familias doutros puntos de España. Así mesmo, en canto aos prezos, conxeláronse as tarifas, sendo máis accesibles para as familias.
De cara á edición de 2024, o obxectivo da Xunta é adiantar aínda máis a data de publicación da orde de solicitude de prazas, que este ano foi o día 15 de maio, coa finalidade de facilitar máis a planificación das familias.