A residencia de maiores, proxecto estrela para este novo mandato no concello piñorense, que este próximo outono pasará a contar cun albergue de peregrinos e un centro sociocultural. Escoita aquí o programa especial dedicado a Piñor.
No programa especial dos venres de verán dedicado ao concello de Piñor, avanzamos por medio do seu alcalde José Luis González importantes novas para o municipio piñorense, entre elas a inminente inauguración tanto do albergue de peregrinos como o centro sociocultural polivalente, construidos no pobo de Arenteiro, que de cumplirse as previsións abrirán as súas portas no próximo mes de setembro.
O rexedor municipal tamén comentou que vai a bo rítmo o proxecto do museo do cadaleito de Piñor, nun municipio que é punteiro a nivel español na fabricación de ataudes. Ademáis, o alcalde piñorense marcou como un obxetivo prioritario para este mandato municipal recén comezado, a construcción dunha residencia de maiores que promoverá o propio concello, que desta maneira será primeira residencia de maiores de titularidade municipal da comarca. Terá unha capacidade de 40 prazas e financiaráse por medio de fondos NEX Generatíon.
Neste mesmo programa tamén tivemos ocasión de achegarnos ata o Hostal-Restaurante Ateneo, unha das referencias na restauración na comarca, falamos con Sonia Muñoz, da cuarta xeneración desta saga familiar con máis de 100 anos de tradición.
Aquí podes escoitar o programa emitido por COPE O Carballiño este venres dia 28 de xullo de 2023.