A Residencia de Tempo Libre abrirá oito meses ao ano a partir de 2014
Durante 2013 a apertura reduciuse a tan so catro meses, agora a cámara autonómica acorda que a partir de 2014 sexan oito meses ao ano.
A comisión quinta do parlamento de Galicia adoptou este acordo tralo debate no que o PSdG defendeu a apertura os 12 meses do ano, finalmente aprobouse a proposta do Partido Popular que optaba pola apertura durante oito meses. O acordo parlamentar chega tras unha campaña dos traballadores, sindicatos e PSdG na que demandaban e defendian o funcionamento das instalacións, que son de titularidade autonómica.
Tras coñecer o acordo, o concello do Carballiño emitíu un comunicado no que anuncia que "o alcalde do Carballiño retomará agora o traballo de difusión destas instalacións dentro e fora do territorio galego, asi como a grupos e colectivos que poidan estar interesados, éstas accións xa se iniciaran a través de conversas dos responsables da Residencia, quedando pendientes ata que se debatise o futuro da mesma no parlamento".