A Residencia de Tempo libre do Carballiño, reservada pola Xunta para hospitalización se fose necesario
A Xunta de Galicia reserva a Residencia de Tempo Libre do Carballiño para hospitalización de pacientes no caso de que sexa preciso, e de maneira que chegado o momento se evite o posible colapso dos centros sanitarios durane a crise do coronavirus.
Esto so ocurriría no caso de desbordamento do número de pacientes tanto no CHUO como nos centros sanitarios privados ou concertados.
Dende a Consellería de Sanidade calculan que o pico de novos casos positivos de coronavirus chegará, e dependendo da evolución, no transcurso das próximas semanas.
Os datos actualizados pola Xunta nesata maña de venres dia 27 de Marzo elevan os contaxios en Galicia a 2.211 persoas, delas 302 na Área Sanitaria de Ourense, con 71 novos casos nas últimas 24 horas, o maior incremento nun único dia dende que comezou a pandemia.