A Residencia de Tempo Libre prepárase para a acollida dos refuxiados que cheguen a Galicia
A posiblidade vai tomando forza conforme van transcurrindo as horas. A Xunta contempla -asi a anunciou Alberto Núñez Feijóo- a chegada a Galicia de 300 refuxiados sirios, precisamente son 300 as prazas que suman as dúas residencias de Tempo Libre de Panxón e O Carballiño, que nunhos dias rematan a súa tempada estival.
Repetiríase asi unha escea que xa se vivíu no Carballiño entre os anos 1992 e 1994, cando a residencia carballiñesa acolleu a familias bosnias, en pleno conflicto bélico no seu país.
Desde o concello do Carballiño, tanto o goberno municipal, como os grupos da oposición manifestaronse a favor de convertir á residencia en centro de acollida aos refuxiados que en masa están chegando a Europa.
O alcalde, Paco Fumega, anunciou que desde o concello solicitaráse da Xunta que proceda á apertura da residencia "para acoller aos posibles refuxiados, ao mesmo tempo que dende o concello ofrecemos á Xunta toda a colaboración dos servizos municipais para atender a estas persoas".
Tamén os grupos políticos da oposición comparten esta sensibilidade. O Partido Popular remitíu esta petición ao vicepresidente Alfonso Rueda, e dende o BNG solicitouse do alcalde unha convocatoria da Xunta de Portavoces para avanzar nesta proposta.