A Residencia para maiores dependentes do Carballiño ampliará este ano o seu número de prazas, pasando das 50 actúais ás 80.
O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou a residencia para maiores dependentes do Carballiño, na que a Xunta vén de ampliar o número de prazas das 50 que había ata o momento ás 80 das que disporá este ano. Este incremento de 30 prazas entrará en vigor o vindeiro 1 de abril a través da nova licitación da xestión deste centro, que terá un período inicial de dous anos prorrogables ata os cinco.
Fernando González Abeijón lembrou durante a súa visita que a Xunta de Galicia ten na atención ás persoas dependentes un eixo prioritario que a levou a incrementar desde o 2009 un 44% a oferta de prazas públicas en residencias de maiores, ao pasar de 5500 a máis de 8000 que hai na actualidade.