Restacado de madrugada un home tras permanecer oito horas atrapado baixo o tractor que manexaba, en Carballeda

24, Xuño 2020

Un home tivo que ser evacuado polos servizos sanitarios despois de quedar atrapado baixo o tractor que manexaba cando realizaba traballos no concello de Piñor, na parroquia de Carballeda.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o sinistro produciuse nun monte da parroquia de Carballeda. Ás 01:15 horas, unha persoa particular contactaba co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) para solicitar axuda. Indicaba que un home quedara atrapado baixo a máquina agrícola que manexaba.

Ata o lugar desprazáronse informados polo 112 Galicia, os profesionais sanitarios e os Bombeiros do Carballiño – O Ribeiro para proceder á liberación do home, aínda que, finalmente, non foi necesaria a súa intervención. Ademais dos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento e do equipo sanitario, participaron neste operativo os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil do concello de PIñor.

Segundo a información dos axentes da Garda Civil ao 112 Galicia, o ferido, posiblemente, atopábase nesta situación dende as 17:00 horas.