Revés histórico para o Partido Popular, que perde a maioría absoluta e quédase con 4 concelleiros. Xuntos polo Irixo entra con forza con 3 concelleiros e o PSOe obtén 2. A Alcaldía por decidirse.
O Partido Popular perde a maioria absoluta da que gozaba na corporación municipal, perde 2 concelleiros e quédase con 4, sumando o 43,72% do voto válido neste 28-M. Manuel Cerdeira, que baixou aos 453 votos, ve perigar a alcaldia do Irixo, e queda a expensas de negociacións para a sesión de investidura e a postura dos outros dous grupos que completan a corporación.
Xuntos polo Irixo, a canditura encabezada por Susana María Iglesias, co 30,21% dos votos escrutados, obtén 3 concelleiros ao sumar 313 votos.
O PSOE de Iago Fariñas, que perde un concelleiro co 23,38% ao recibir 263 votos, paradoxicamente pasa a ter a chave da gobernabilidade do concello do Irixo.