Rogelio Gómez "Gelucho" novo adestrador de CD Arenteiro.
Manel Vázquez xa ten sustituto no banquiño de Espiñedo, tras a renuncia presentada polo adestrador ourensano chega ao Arenteiro un técnico que veu desenvolvedo toda a súa traxectoria como adestrador na comarcas de Santiago e o Barbanza.
Club Deportivo Arenteiro comunica que tras unha reunión celebrada a última hora da tarde deste martes nas oficinas do Estadio de Espiñedo, quedou cerrada a contratación de Rogelio Gómez “Gelucho” como novo adestrador do equipo en Terceira División, o compromiso prolongaráse ata final da tempada en Maio de 2019.
Coa súa contratación, o Club aposta por un adestrador con gran experiencia no fútbol galego e bo coñecedor da 3ª división, onde dirixíu a equipos como Negreira, Lalín, Santa Comba ou Boiro. O último equipo que adestrou, nas últimas dúas tempadas, foi á Agrupación Estudiantil, en preferente, equipo ao que nos enfrontamos na promoción de ascenso á terceira en 2017.
Na actualidade estaba ligado ao fútbol base no equipo santiagués do Conxo.
Natural e veciño de Cacheiras (Teo) conta con 48 anos de idade.
Gelucho chega acompañado de Diego Gutiérrez Ramos “Guti”, como preparador físico e 2º adestrador, que estuvo como preparador físico nas bases da SD Compostela e no CD Estradense en Preferente.
O novo adestrador será presentado este xoves dia 22 de Novembro no Estadio de Espiñedo, e seguidamente dirixirá a súa primeira sesión de adestramento.