A romaría de San Trocado e o 2º domingo das Mudacións, acontecementos festivos da fin de semana
O Monte do San Trocado, en San Amaro, acolle este sábado 18 de Maio a tradicional romaría que xunta a numerosos romeiros, sobre todo das parroquias de San Cibrán de Lás, Eiras, Laias e Ourantes, e doutras da contorna.
Ás 12:30 horas celebraráse a misa solemne na capela, e o xantar campestre estará amenizado coa música da charanga Europa. Haberá servizo de comidas, con pulpo, churrasco e carne ao caldeiro, xa pola noite a verbena no pobo de Andrade contará coa animación da charanga Europa e a orquestra Televisión.
E doutra parte, en Boborás, a parroquia de Santa María de Xuvencos celebra este 19 de Maio o segundo domingo da tradicional Festa das Mudacións, que conserva tradición do intercámbeo de imaxes entre a capela de San Antonio de Boborás e a Igrexa Parroquial de Xuvencos.
Ás 11 da mañá será a misa na capela de Boborás e de seguido sairá a procesión con destino á Igrexa Parroquial, co acompañamento dos gaiterios Os Alegres de Pontevedra. Depois, ás 12:30 do mediodia celebraráse a misa solemne na igrexa parroquial, cantada polo Orfeón do Carballiño.
Ás seis da tarde haberá Xogos para nenos no campo da festa da Almuzara, onde se iniciará a verbena a partir da noitiña coa orquestra Capitol.