Rouban 1.500 euros de donativos na capela da Saleta de Cea

25, Setembro 2023

A parroquia de San Cristovo de Cea despedíu este lúns 25 de setembro, que ademáis foi día festivo de caracter local no municipio, as festas da Saleta 2023 coa última verbena animada coa música da charanga espectáculo Ardores e a orquestra New York.

E asi, completáronse catro dias e outras tantas noites de programación festiva na vila de Cea, nas que debutou unha nova comisión de festas integrada por catro mozas da localidade, nunhas datas que contaron este ano coa colaboración do bo tempo.

Tamén estiveron moi concurridas as celebracións relixiosas na capela da Nosa Señora da Saleta, tanto durante a novena como nas misas e procesións do domingo e o lúns. Precisamente, desde a parroquia comunicaban nas misas dominicais o roubo rexistrado na tarde do pasado sábado dia 23, cando os responsables da parroquia botaron en falta 1500 euros que se gardaban na capela, procedentes dos donativos feitos nos últimos dias polos devotos e devotas da Saleta de Cea.