Rouban 3 locais comerciais do Carballiño nunha mesma noite
Aconteceu na noite- madrugada deste xoves 14 de xuño, os ladrós conseguiron entrar en dous locais das galerias Ango e noutro máis sito na rúa Principal do Carballiño.
Nos tres casos, os ladróns accederon ao interior dos establecementos tras forzar a porta de entrada. Na tenda de chucherías "Golosos", nas galerias Ango, levaronse 700 euros en diñeiro efectivo, tras esnaquizar a caixa rexistradora. Nestas mesmas galerias comerciais, a escasos metros, entraron nunha perruquería, da que se levaron 30 euros en moedas.
Finalmente, un 3º roubo cometeuse esta pasada noite na tenda de roupa "Urban", na rúa Tomás María Mosquera. Tamén neste caso, o único que lle interesou aos ladróns foi o diñeiro, apoderandose do que atoparon na caixa rexistradora deste comercio.