Rouban 387 metros de carril da vía férrea apilados nunha estrada de Boborás
O valor do material roubado ascende a 11.600 euros, según fixo constar o representante da empresa propietaria na súa denuncia ante a Garda Civil do Carballiño.
O roubo rexistrouse durante a noite deste pasado martes no lugar de Prado, na parroquia boborense de Xurenzás. O material, 387 metros de carril de vía férrea, estaba apilado ao lado da estrada.