Rouban material e causan danos nas instalacións municipais de medio ambiente
O Concelleiro de medio- ambiente do Carballiño, Bernardo García, considera que é necesario exercer unha maior vixiancia para evitar que sigan producindose os actos de gamberrismo das ultimas semanas, sobre todo coincidindo coas madrugadas dos domingos. Nesta derradeira fin de semana de maio, ademáis de novos destrozos en distintas instalacións municipais e no mobiliario público, tamén foron obxeto dun roubo de material as dependencias do departamento municipal de medio-ambiente, no campo da feira de Framia, onde os ladróns levaronse diversas ferramentas e maquinaria por valor de 3.000 euros, según a denuncia presentada polo Concelleiro ante a Garda Civil. Bernardo García considera que é importante tanto a colaboración cidadán como un aumento nas medidas de control policial para evitar estos actos de vandalismo, entre os que citou os cometidos esta pasada fin de semana, con diversos destrozos nas instalacións do Punto Limpo e a Canceira Municipal, e nas xardineiras da Praza da Mina.