Rouban tallas relixiosas e outros obxetos nas igrexas de Vilela, O Lago, Salamonde e San Fiz de Navío
Devoción que vai en aumento nas últimas semanas na comarca, os roubos nas igrexas parroquiais, os últimos rexistrados foron nas igrexas na igrexas de San Martiño do Lago e Santa María de Vilela.
Na parroquial do Lago, no concello de Maside, leváronse cinco tallas, que se corresponden coas imaxes de Santa Lucía, San Xudas Tadeo, San Xosé, San Benito e San Roque, ademáis de outros obxetos relixiosos, dous cálices, un copón e un incensario.
Na igrexa parroquial de Vilela, no concello de Punxín, roubaron unha talla relixiosa, dous copóns, un sagrario e un cáliz. Ambos roubos súmanse aos rexistrados días atrás noutras dúas igrexas parroquias no concello de San Amaro, as de San Fiz de Navío e Santa María de Salamonde.