Rouban unha xoiería na rúa Martínez Avellanosa e provocan cuantiosos danos materiais
O funcionamento da alarma, nin tampouco as recriminacións de algunos veciños que sairon as ventás alarmados polo ruido, non impediron ós ladróns consumar ó roubo de diversos obxetos de xoiería e reloxería no establecemento "Espa Quarz", sito na rúa Martinez Avellanosa do Carballiño. Os ladróns, que según as testemuñas que presenciaron parte da escea, eran tres e vestian de negro, conseguiron forzar a persiana de seguridade da tenda, e tras romper cun mazo os vidros do escaparate, levaronse os obxetos que estaban ó seu alcance. Os feitos ocurrian entorno ás 6,15 da mañá, e unhos momentos despóis unha dotación da Garda Civil intentaba interceptar o vehículo, que resultou ser roubado, e que utilizaban os ladrós, sen embargo non obedeceron ó alto dos axentes e conseguían fuxir da presenza policial. Os propietarios da xoiería aínda non completaran á última hora desta mañá a avalición dos danos materiais, que son cuantiosos, asi como dos obxetos roubados.