Rubén Arce regresa a Espiñedo: o dianteiro, que asina por dous anos, convértese na primeira gran fichaxe do Arenteiro
A afección de Club Deportivo Arenteiro está de enhoraboa, regresa a Espiñedo un dos fútbolístas máis carismaticos da historia recente do club, o dianteiro Rubén Arce Lorenzo (Ourense, 7 de febreiro de 1991) está de volta como verde, regresa a CD Arenteiro.
Rubén Arce foi un dos piares básicos no ascenso de CD Arenteiro á terceira división logrado na tempada 2016-2017, e tamén un dos artífices de lograr a permanencia na tempada 2017-2018, cando ademáis foi elexido como o mellor xogador de terceira división polo programa da Radio Galega “Galicia en goles”.
Agora dous anos despois regresa ao novo proxecto de Club Deportivo Arenteiro para a tempada 2020-2021. Rubén Arce asina o seu compromiso por dous anos. Nos próximos dias poderían confirmarse novas fichaxes e tamén as primeiras renovacións, todo elo aínda a falta de oficializarse a contratación de novo adestrador, unha contratación que según comentan dende o club está moi avanzada e tería que confirmarse tamén de forma inminente.