Saen á venda ás tarxetas "O Carballiño Contigo", cargadas con 50 euros, que poden adquirirse na Oficina de Turismo da Alameda, para gastar en 132 establecementos locais
Son en total 2.000 tarxetas cargadas con 50 euros, 25 que paga o cliente pola tarxeta e outros 25 euros que aporta o concello do Carballiño, promotor desta campaña "O Carballiño Contigo" acordada pola corporación municipal dentro do paquete de medidas para favorecer a reactivación do comercio e a hostelería, os sectores máis castigados pola crise do coronavirus.
As tarxetas están venda na Oficina de Turismo da Alameda, ata fin de existencias, en horario de 10 a 14 e de 17 a 21 horas. Cada persoa, maior de 18 anos, poderá retirar ata 3 tarxetas, unha persoal e as outras dúas en represntación de outras dúas persoas, neste caso deberán presentar unha autorización por escrito, cuxo modelo pode descargarse na páxina web "O Carballiño Contigo", onde tamén pode encontrarse a relación dos 132 establecementos do Carballiño que participan nesta campaña, e nos que deberán gastarse o diñeiro de cada tarxeta, que terán como data de caducidade o dia 31 de Xaneiro de 2021. Pode solicitar a tarxeta calquera cliente do comercio e hostalaría do Carballiño, sexa cal sexa o seu domicilio, no Carballiño ou calquera outro concello.