A saída de persoas polo día non se compensa cos que entran: a Comarca do Carballiño ten unha taxa de carga pobocional do 98,44%, somos 420 persoas máis pola noite que polo dia.
Os datos son os que ven de publicar o IGE, e recollen a taxa de carga poboacional de todos os concellos e Comarcas de Galicia, no caso da comarca carballiñesa é do 98,44%.
Trátase da da diferencia entre a poboación que cada día entra na comarca, os non residentes presentes, que son 1.358 persoas e a poboación que a diario saen da comarca, os residentes ausentes, que suman 1778 persoas, polo que se obtén un saldo poboacional de 420 persoas.
Ou o que é o mesmo, temos máis poboación nocturna que diurna, xa que a saída de persoas da comarca que por motivos laborais ou estudos, non se compensa coas que entran a traballar e residen fora da comarca carballiñesa.
Por concellos, á cabeza desta oscilación poboacional sitúase O Carballiño, onde entran cada día 796 persoas e saen 938, asi que residen de forma habitual 142 persoas máis pola noite que polo dia.
Despois, están San Amaro e Boborás, con 56 e 55 persoas -respectivamente- de saldo poboacional. O concello con menos variación é o de San Cristovo de Cea, onde entran 135 persoas e saen 144, apenas cunha diferencia de 9 persoas.