San Amaro inaugura na provincia o servizo itinerante de especialidades médicas que pon en marcha a Xunta, do 30 de marzo ao 1 de abril en Salamonde
Trátase dun servizo itinerante da Xunta de Galicia que ofrece servizos gratuítos de especialidades médicas, fundamentalmente pensado para as persoas maiores dos concellos do rural, e que se estrea no concello de San Amaro.
Esta unidade móbil estacionaráse no aparcadoiro do campo de fútbol de Salamonde e ofrecerá servizos de audioloxía, podoloxía, e de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenativas.
Calquera persoa veciña do concello de San Amaro pode acudir a este servizo, podendo solicitar cita previa no teléfono 622 748 283