Sanidade detecta un novo brote de Covid-19 no Carballiño, con tres contaxios activos da mesma familia
Sanidade notificou este xoves dia 1 de Outubro un novo brote de coronavirus no municipio do Carballiño, de tipo familiar, e que afecta a tres persoas, un home de 53 anos, unha muller de 46 e unha menor de idade.
Trátase do segundo brote declarado esta semana na comarca, despois de informarse o pasado martes dia 29 de Setembro dun brote activo no concello do Irixo, formado por tres persoas.