Sanidade notifica un novo brote no Carballiño, con tres contaxios, e suma outros tres positivos aos brotes anteriores
A actualización de datos por parte de Sanidade correspondentes a este martes dia 6 de Outubro, deixanos un novo brote de coronavirus no Carballiño, que afecta a tres persoas, un home de 46 anos e dúas mulleres de 33 e 41 anos.
Ademáis, o brote social de catro persoas notificado onte suma dous novos contaxios, unha muller de 27 anos e un home de 26 anos. Tamén se incrementa cun novo contaxio o brote social-familiar, que pasa de oito a nove persoas afectadas, esta última, un home de 47 anos.