Satisfacción na restauración local polo éxito da Festa da Cachucha
A maioria dos 24 restaurantes carballiñeses participantes na convocatoria gastronómica da cachucha consideran un éxito esta 21ª edición celebrada este pasado domingo 21 de Febreiro.
Co cámbeo na data de celebración, que pasou do domingo de entroido ao de piñata, parece que por fin a convocatoria comeza a consolidarse. De feito, a maioria dos restaurantes tiveron unha ocupación total nos seus comedores, e en algún caso, tiveron doble quenda de comensais. En 3 restaurantes -según os datos aportados a esta emisora de radio- superouse, en cada un deles, o número dos 300 comensais que degustaron o menú de cocido de entroido, no que a cachucha foi a estrela da mesa.
Desde o concello do Carballiño apuntase que "a maioria dos restaurantes rexistraron entre o 90% e o 100% de ocupación, dandose o caso que moitos deles aseguraron que desde fai unha semana ya tiñan reservadas as mesas dispoñibles".
En canto á programación festiva, desde o concello carballiñés destacan a animación nos restaurantes participantes coas charangas contratadas, asi como "o desfile-espectáculo no que participaron 14 agrupacións entre comparsas, folións e carrozas, e os datos aportados pola Policia Local apuntan a que a afluencia de público a O Carballiño este domingo foi similar, e incluso superior, ao martes de carnaval".