A segunda Galiña Azul construiráse ao lado do colexio infantil do antigo campo da feira
Asi a anunciou o alcalde do Carballiño no transcurso dunha entrevista nesta emisora de radio. Ubicaráse nun edificio de nova construcción e o proxecto terá un orzamento de 410.000 euros.
Tras barallarse varias posibilidades, finalmente optouse por esta ubicación "porque asi o consideraron os técnicos da consellería, asi nolo fixeron ver e asi o decimos", manifestou en COPE o alcalde Argimiro Marnotes. Tamén anunciou que na próxima sesión que celebre a corporación municipal neste mes de Maio "previsiblemente o xoves da semana que ven xa levarémos ó pleno o convenio coa consellería para facer realidade este proxecto, que pola demanda que temos constanos que é moi necesaria para O Carballiño".
A segunda Galiña Azul, para cativiños ata os 3 anos de idade, terá inicialmente 40 prazas "aínda que despois poderían ampliarse", subliñou Marnotes. Para a execución do proxecto, o concello do Carballiño deberá aportar 170.000 euros.