A Semana Santa do Carballiño amplia a cinco as procesions, nun programa que tamén inclúe pregón, exposicións e un ciclo de conferencias
A Cofradía da Vera-Cruz amplía a cinco as procesións que se celebrarán no Carballiño durante a próxima Semana Santa. Pero non será a única novedade do programa relixioso-cultural desta asociación, senón que voltará ao atrio do templo a magnífica mostra “A Paixón según Playmobil 2.0”, que este ano contará cunha catedral de grandes dimensións e máis de 3.500 pezas coformando edificios, rúas e escenas propias de Semana Santa. Incluso haberá unha pulpeira.
O programa foi presentado este mediodía polo locutor Vidal López nun acto que se desenvolveu no concello coa asistencia do bispo de Ourense, Leonardo Lemos; o párroco da vila, José Benito Sieiro; o irmao maior da cofradía, Rafael Melero; o alcalde en funcións, José Manuel Dacal, e a deputada provincial, Teresa Cerdeira, así como o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o portavoz do PP, Argimiro Manotes, párrocos da comarca, irmás e representantes das empresas patrocinadoras e público convidado.
O programa contempla un gran número de actos relixiosos e culturais, no que destacan cinco procesións, oito actos litúrxicos e un ciclo de catro conferencias, ademáis da exposición “A Paixón según playmobil 2.0”.
Esta exposición, que se inaugura este sábado, 10 de marzo, ás 12,00 h., abrirá o programa, que continuará o domingo, 11 de marzo, coa primeira conferencia. A exposición poderá visitarse ata o día 1 de abril.
O domingo, 18 de marzo, ás 12,00 h., no templo da Veracruz, terá lugar o pregón, descoñecéndose ainda quen vai ser o pregoeiro ou pregoeira.
Así mesmo, durante os actos litúrxicos e procesións contarase con diversas agrupacións musicais. Entre elas, corais (Orfeón do Carballiño, Coral da Capela Madrigalista de Ourense, Coro de Voces Brancas do Orfeón Unión Ourensá, Coro do IES Chamoso Lamas do Carballiño) e bandas como a da BRILAT, Real Banda de Gaitas de Ourense e Banda de Gaitas de Guillarei.
Leonardo Lemos destacou o feito de que o acto se desenvolvese no salón de plenos do concello do Carballiño, pois –según dixo- “aquí faise política no mellor sentido do termo (polis) e a Semana Santa é algo que afecta a todo o pobo”. Neste senso, felicitou á cofradía “por presentar o programa no Carballiño e facelo nesta sala na que fun recibido polo alcalde”, engadiu. O bispo dixo que “a Semana Santa é un feito non só de fe senón tamén de cultura”, e por iso valorou especialmente que tivese lugar na salón de plenos. “Ano tras ano a Semana Santa do Carballiño crece e aporta beleza, cultura, dinamismo, enchende esa semana de actos e abrindo as portas da Veracruz ao Carballiño e visitantes”, dixo finalmente, e comprometeuse a acudir a algún dos actos da vila.
Rafael Melero agradeceu a colaboración das institucións e patrocinadores, destacando á Deputación provincial, ao concello do Carballiño, Aceites Abril, Centro Comercial Ponte Vella, Restaurante A Fuchela, Asador Veracruz, A Canavela Fritida e Cer&Ver. Referiuse á aportación da cofradía durante os 11 últimos anos, destacando o incremento das procesións, especialmente á da “madrugá” do xoves e o traslado da Virxe das Dores; tres novas imaxes, 300 hábitos de nazarenos e un ambicioso programa que conxugaba arte, historia e tradición.
Teresa Cerdeira dixo que a Deputación provincial apoiaba calquera evento deportivo, cultural, turístico e de outra índole que supuxera un revulsivo tanto cultural como económico, e que a Semana Santa do Carballiño estaba adquirindo cada vez máis proxección. Por iso felicitou á cofradía polo seu exceente labor e organización. E amosouse orgullosa como veciña da Semana Santa que se desenvolve no Carballiño.
José Manuel Dacal tamén se amosou “orgulloso de contar cun emblema tan simbólico como o Tempo da Veracruz, que é un dos principais atractivos da vila, ademáis da súa vertente relixiosa” e “de ter unha asociación que leva o seu nome e que cada ano ofrece un programa de actos que contribúen a que O Carballiño comece a ser un referente da Semana Santa na provincia de Ourense e en Galicia”.
Por isto, agradeceu o esforzo que levan a cabo todos os integrantes da Cofradía da Veracruz, e sinalou que “a Semana Santa é moi importante no Carballiño. O é para os feligreses e feligresas, pero tamén para moitos visitantes que acuden a pasar uns días de lecer”.
Ao respecto dixo “temos unha boa oferta termal con dous balnearios. Temos unha excelente oferta gastronómica. Temos uns espazos naturais extraordinarios. Temos unha boa programación cultural. E temos tamén un programa atractivo con conferencias moi interesantes e unha grandísima exposición, e unhas procesións que en nada desmerecen das que se poden celebrar noutras cidades. Esto é un gran complemento para facer do Carballiño unha vila de interese turístico durante esta Semana Santa”.
PROCESIÓNS
• Procesión Litúrxica de Ramos (25 de marzo, Domingo de Ramos, Praza da Veracruz)
• Traslado da Virxe Doorosa (23 de marzo, dende a Igrexa Vella ata a Veracruz)
• Vía Crucis Procesional (28 de marzo, Praza da Veracruz)
• Procesión Penitencial da Sentencia e a Misericordia (29 de marzo, Xoves Santo, dende o Asilo ao Templo da Veracruz)
• Procesión Solemne do Santo Enterro e “Dos Caladiños” (30 de marzo, Venres Santo, dende o Templo da Veracruz polas rúas céntricas da vila)
CICLO DE CONFERENCIAS
Domingo, 11 de marzo: “O Carballiño e a fe no patrimonio artístico”, Javier Limia Gardón, doctor en Historia da Arte, profesor-tutor da UNED Ourense.
Martes, 13 de marzo: “El Lignum Crucis: historia, arte e devoción en O Carballiño e o mundo”, Miguel Ángel González García, Canónigo-arquiveiro da catedral de Ourense.
Xoves, 15 de marzo: “Xenealoxía na arte de Antonio Palacios”, Rafael Otero, historiador e profesor do IES nº 1 do Carballiño.
Sábado, 17 de marzo: “O culto ás reliquias no antigo Reino Galaicoleonés”, Felipe Senén, arqueólogo e museólogo.
Todas as conferencias celebraranse na capela do Asilo ás 20, 00 h.