A Semana Santa do Carballiño recibe o informe favorable da Xunta para a súa declaración de "Festa Turística de Interese Galego".

O Consello de Turismo de Galicia reunido este martes 8 de abril aprobou a delaración de Festa Turística de Interese Galego para a Semana Santa do Carballiño, tras a documentación presentada e o informe favorable para esta designación.
O Concello do Carballño e a Cofradía da Veracruz foron os promotores deste recoñecemento, que se traducirá nun bo impulso promocional para esta celebración da Semana Santa do Carballiño.
Agora, a tramitación queda tan so pendiente da aprobación desta declaración por parte do Consello da Xunta de Galicia.