A sesión de fogos de "Pirotecnia Abad", o mellor das festas deste ano
As sesións de fogos artificiais volveron ser os acontecementos máis seguidos das festas do setembro. Miles de persoas presenciaron as tiradas de "La Gallega" e "Pirotecnia Abad", ésta última congregou na noite do sábado a unha multitude que disfrutou dunha das sesións de fogo voador máis espectáculares dos últimos anos no Carballiño.
A pirotecnia de Leiro estivo a unha gran altura, pola calidade e cantidade do espectáculo ofrecido, que foi despedido ao seu remate cunha gran ovación por parte do público que abarrotaba a Praza do Emigrante e as rúas máis próximas, no evento máis concurrido das festas deste ano.
Unha explosión de colorido apoderouse do ceo do Carballiño durante 20 minutos, cunha perfecta adaptación e orientación ao entorno da Alameda, sen perder en ningún momento o rítmo e cunha cuidada e moi lograda progresión secuencial "Pirotecnia Abad" puxo en escea un magnífico espectáculo. Ao final, unanimidade, o mellor do programa destas festas do setembro 2011.