Simulacros de evacuación para avanzar no plan de seguridade e emerxencia
O primeiro deles realizaráse na Praza dos Irmáns Prieto, onde a ocupación cos postos de venda ambulante os dias de feira convertese en motivo de preocupación.
Alcalde e os máximos responsables de Protección Civil e Policia Local acordaron programar distintos simulacros de evacuación no casco urbano carballiñés, que servirán ademáis para coñecer as posibles deficiencias na ordenación do tráfico.
Outra das xestións que se levarán a cabo será cos centros de ensinanza do Carballiño, para coñecer os seus plans de seguridade e emerxencias, e coordenar calquera posible actuación. O mesmo faráse cos edificios municipais e públicos en xeral.
Ademáis, dende o departamento de obras e urbanismo realizaráse un informe sobre a ubicación do mobiliario urbano, para evitar que o ornato nos espazos públicos chegue a impedir o acceso de vehículos de emerxencia ou o traballo dos servizos de bombeiros e salvamento.