Sindicatos, Goberno Municipal e Oposición, confrontan pola RPT no Concello do Carballiño
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións de Bernardo García e Jose Antonio Barge
As afirmacións dos Sindicalistas da Ciga foron contestadas polo Concelleiro de Persoal. Barge negou que na proposta de RPT para este ano se recollan discriminacións salariais entre os traballadores e ´"en ningún caso se produciron aumentos nos soldos nas porcentaxes apuntadas polos sindicalistas da ciga, senón que os aumentos son nos complementos, informados favorablemente pola Intervención Municipal". Barge tamén se preguntou onde estaba a "dictadura" da que falaban os representantes sindicais xa que "´na reunión, de 13 votos, 12 foron favorables á proposta de RPT, e só ún voto en contra". A reunión non acudíu Comisiós Obreiras. Finalmente, José Antonio Barge adiantou que se comprometeu a trasladar ó Pleno da Corporación esta RPT, sen modificacións posibles, e sen posibilidade, polo tanto, de que a Oposición Municipal poida participar neste proceso.
Foi, precisamente, este último aspecto o máis duramente criticado polo Concelleiro e portavoz do Bng en materia de persoal, Bernardo García, porque novamente "están saltandose á toreira o acordo do Pleno da Corporación do 26 de marzo do pasado 2008, xa que non se convocou os grupos da oposición á mesa xeral de negociación". O Concelleiro do Bng tamén se preguntou qué democracia é a que pretende deixar á marxe deste Acordo os dous grupos que suman a maioria social representativa dos veciños do Carballiño. E recodou, ademáis, que será en última instancia o Pleno da Corporación quen terá que ratificar ou non esta RPT, igual que os Orzamentos, polo que non hai outra vía posibel que non sexa a do diálogo e o consenso.