A socialista Mª Josefa Pérez presenta a súa renuncia como concelleira da corporación
A menos de cinco meses das eleccions municipais de 2015, a concelleira do grupo socialista Maria Josefa del Carmen Pérez ven de presentar a súa renuncia como integrante da corporación carballiñesa.
Mediante un escrito asinado pola concelleira e presentado no rexistro municipal do concello carballiñés alude a "motivos persoais, que me impiden atender aos deberes propios do cargo de concelleira coa adicación que tal responsabilidade conleva, véxome na obriga de presentar a miña renuncia ao cargo de concelleira, de tal forma que asi o comunico perante esta corporación municipal do Carballiño".
Maria Josefa del Carmen Pérez exercera como concelleira de medio ambiente no último goberno socialista presidido por Carlos Montes. Precisamente, como responsable da canceira da Medela, encontrase inmersa nun proceso xudicial en relación ás mortes violentas e masivas de cans nestas instalacións municipais durante o ano 2009, feitos polos que a Audiencia Provincial resolveu abrir Xuizo Oral.
A vacante que deixa na corporación carballliñesa corresponde ocupála a Remedios Castro, nº 8 na candidatura socialista nas eleccións de 2011.