Socialistas e Alcalde polemizan polo uso do teléfono móbil do Concello de San Amaro
Os Socialistas consideran que o Alcalde "realizou gran cantidade de chamadas de índole persoal aproveitando a liña telefónica que pagamos todos" e o rexedor municipal respondelle que "teñen que aprender a ler unha factura".
O grupo municipal do PSdG de San Amaro asegura que "nestas facturas aparecen cargos de aplicacións e música para telefonía móbil que non teñen ningún sentido nun teléfono oficial, pero o máis preocupante dase noutro feito de máis gravidade, xa que nun análises pormenorizado das chamadas, nos atopamos con números de paises tan diversos como República Dominicana, Arxentina, México, Francia ou Portugal", afirmando que algunhas das facturas acadaron importes de preto dos 500 euros.
O Alcalde explica que as chamadas internacionais son consecuencia das súas viaxes a aos citados países "correspondense con chamadas que se fan desde España ao extranxeiro, todos sabemos como funcionan estas chamadas, cando te chaman tí pagas parte desa chamada, e cando me chama un veciño ou desde un organismo oficial, eu teño que atender as chamadas".
Ernesto Pérez recoñeceu que é certo que nalgún momento se produciron descargas de música "pero eso correxiuse de inmediato tan pronto se advertíron os primeiros cargos" e asegurou que o importe desas facturas pagadas polo Concello de San Amaro "están nunha media que non chegan aos 150 euros ao mes".