A solidariedade carballiñesa viaxa en autocar: Empresa Montañesa transporta o primeiro envio de material para Ucrania, á volta traerá a 48 refuxiados
Un autocar de Empresa Montañesa, con tres conductores, parte este venres dia 11 ás 11 da mañá dende O Carballiño co primeiro envio de material solidario organizado por Cáritas Parroquial do Carballiño, con destino a Varsovia-Polonia, onde será entregado.
Empresa Montañesa non so vai colaborar desta maneira con Cáritas Parroquial do Carballiño, senón que tamén o fai coa Fundación Madrinas, xa que na viaxe de volta transportará a Madrid a 48 persoas refuxiadas, na súa maioria nenos e as súas nais "aínda que estamos abertos a calquera outra indicación que nos fagan porque todo esto pode cambiar dun a outro día", dixo en COPE O Carballiño Manuel Carballeda, xerente de Empresa Montañesa.
Son 3.500 kilómetros os que distancian O Carbaliño do punto de destino para este autocar, que ten previsto a súa chegada a Varsovia a primeira hora da mañá do domingo.