As Sondaxes electorais que achegan ó PP á maioría absoluta no Carballiño son recibidas con escepticismo por PSOE e BNG
A Sondaxe electoral publicada no xornal "La Región" otorga ó Partido Popular a posibilidade de acadar a maioria absoluta no Concello do Carballiño ó concederlle entre 8 e 9 concelleiros, tén 5 na actualidade, o que convertiría a Argimiro Marnotes en futuro Alcalde do Carballiño. En todo caso, a sondaxe situaría ó Partido Popular como claro gañador destas eleccións municipais, superando en número de votos ó PSOE, que con 6 ou 7 concelleiros sería a segunda forza política da futura Corporación. Finalmente, o BNG obtería entre 1 e 3 concelleiros. A enquisa foi valorada de moi distinta forma polos 3 aspirantes á Alcaldia do Carballiño. Para Argimiro Marnotes "confirma as sensacións que estamos tendo na rúa, a xente xa percibe o cámbeo político, é a primeira vez que nunhas eleccións municipais no Carballiño o PP xa está por adiante nas enquisas, o que nos dá unha motivación extra para seguir traballando". Paco Fumega, o nº 1 do PSOE, repara no dato de que a sondaxe "foi feita por teléfono fixo, que utiliza xa moi pouca xente nova, ademáis recolle un 40% de indecisos, en todo caso sirve para estimularnos para traballar aínda máis no que resta de campaña". Desde o BNG, a súa Candidata á Alcaldia Aúrea Francisco, manifesta a súa preocupación "`por ese alto número de indecisos que reflicte a sondaxe, polo que fago un chamamento á participación da cidadanía, é importante para O Carballiño que a xente vote". A nacionalista resta importancia a este tipo de enquisas "maís ou menos interesadas, a única enquisa válida é a do dia 22"