A Subdelegación do Goberno abre expediente sancionador ó portavoz de "matar por matar non" por colocar unha pancarta, tras unha denuncia da Policia Local
A Subdelegación do Goberno ven de comunicar ó portavoz da asociación ecoloxista "matar por matar non", Julio Fernández, o inicio dun expediente sancionador pola colocación dunha pancarta os pasados dias 20,21,22, e 23 do pasado mes de abil na escalinata da Praza Maior do Carballiño "impidiendo asi el tránsito habitual de los ciudadanos y olbligando a estos a cambiar su trayectoria, negadonse asimismo en un primer momento a identificarse cuando fué requerido para ello". Estos son os feitos que se lle imputan ó portavoz de MatarXMatar Non tras a denuncia formulada contra él pola Policia Local do Carballiño cando se manifestaba no pasado mes de abril en demanda da convocatoria da comisión de investigación da canceira municipal, tal como acordara o Pleno da Corporación Carballiñesa para aclarar os sucesos ocurridos nestas instalacións municipais, e despois de que o Seprona ratificase as denuncias de grupos ecoloxistas nas que se constataron diversas irregularidades no funcionamento da canceira e a desaparición de preto de cen cans, unhos feitos que aínda seguen sen aclararse. A comunicación da Subdelegación a Julio Fernández indícalle que pudo infrinxir o artículo 26 da lei de protección de seguridade cidadán, advertíndolle que ten 15 dias para presentar alegacións, e senón consideraríase resolta esta proposta, cunha multa de 60 euros.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións a Cope Carballiño de Julio Fernández