A subvención da Deputación para conciliación "é incompatible" con outra autonómica, aseguran dende o concello, e desminten dende o Partido Popular.
"A subvención da Deputaciòn Provincial de Ourense para conciliación é incompatible coa que ofrece a Xunta de Galicia, e por iso o concello do Carballiño solicita esta e non a da Deputación, xa que é de maior cuantía", aseguran dende o concello do Carballiño.
De feito, "o concello do Carballiño está adherido ao Programa de Fomento da Conciliación de Vida Persoal, Laboral e Familiar da Xunta de Galicia, polo que se obtén prácticamente o dobre de orzamento que no caso da subvención da Deputación", manifestan.
"É máis, no ano 2015, o goberno municipal do PP solicitou ambas subencións, e tras o cambio de goberno no mes de xuño, o concello do Carballiño recibiu unha resolución obrigando a devolver o importe íntegro da subvención concedida pola Xunta, xa que era incompatible coa da Deputación. Isto foi grave porque xa se tiñan gastado os cartos, ademáis dos problemas creados coa intervención municipal", según subliñan dende o goberno municipal carballiñés tras as críticas do Partido Popular.
Por iso, remarcan, "resulta sorprendente que o portavoz do Partido Popular esixa responsabilidades por non acollerse a esta subvención da Deputación que, como dicimos, é incompatible coa que ofrece a Xunta de Galicia, e que resulta ser casi a metade da aportación económica da Xunta".
Dende a concellería de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, lamentan "a desinformación do portavoz do PP con respecto a este tema, e ainda máis, a utilización partidista que se fai desta información sesgada e incompleta, que confunde á cidadanía e ás familias usuarias de Bo Día Familia".
Mentres, dende o Partido Popular afirman que as "xustificacións" da concelleira demostran "incompetencia total" e aseguran que as subvencións sí son compatibles.
Para ver o comunicado do Partido Popular, prema no arquivo adxunto: