A U.P. Taboadela levase os 3 puntos de Espiñedo ante o Arenteiro
Unha primeira parte na que o equipo amosou unha total indolencia, e unha segunda na que os carballiñeses careceron de resolución ante a portería rival, condenaron ao Arenteiro. Os de Taboadela teñen a medida collida a este Arenteiro, se na primeira volta da liga derrotaron aos carballiñes por 3-0, hoxe volveron gañarlle en Espiñedo, desta vez 1-2.
Igual que en partidos anteriores, o Arenteiro volveu ser un equipo cun xogo deslabazado, sen un esquema de xogo definido a estas alturas da liga, e asi é complicado gañar os partidos se non tes a fortuna que sí tivo en anteriores partidos pero que lle faltou hoxe. O primeiro periodo volveu ser un cúmulo de despropósitos por parte dos verdes, o Arenteiro exercía unha presión que en ningún momento chegou a ser efectiva, pola contra a U.P. Taboadela aprobeitaba para adiantarse no marcador cun balón á escadra da portería carballiñesa inalcanzable para Pachi. Aínda terían os visitantes unha clara oportunidade de incrementar a súa ventaxa no marcador, nun balón que Pachi regalou a un atacante visitante, pero apareceu providencial Carlos Escudero para enviar a córner.
Na reanudación, a U.P. Taboadela seguíu plantexando o partido ao contragolpe, mentres os carballiñeses trataban de asediar a portería visitante, non obstante sería a U.P. Taboadela quen conseguía marcar o 0-2 noutro bonito gol do seu dianteiro Camba. O Arenteiro lograba meterse no partido a 10 minutos do final ao cabecear Alén un centro desde a dereita, no tramo final o Arenteiro seguíu a intentalo, pero unhas veces a ansiedade dos xogadores locais e nun par de ocasións as intervencións do meta visitante, condenaron aos carballiñeses a unha derrota que é un paso atrás na súa loita pola ascenso.