Teatro, música, acto institucional e actividades nos centros educativos, para conmemorar o Día Internacional das Mulleres no concello do Carballiño
A programación foi presentada pola concelleira carballiñesa de Igualdade, Guadalupe Sobrado, e iníciase cunha presentación teatral o sábado dia 5 de marzo ás 20:00 horas no auditorio do Carballiño a cargo da compañía Olivas Negras e a obra "A familia Real", unha creación teatral que "busca traspasar os límites, cuestionar as ideas preestablecidas ao redor da maternidade e a educación".
O propio 8 de marzo, Dia Internacional das Mulleres, ás 12:00 horas no salón de actos do concello, procedárase á lectura do manifesto institucional do concello do Carballiño, coa participación dunha representación do centros educativos e asociacións. Actuará a Batucada do Conservatorio de Música do Carballiño.
O sábado 12 máis teatro, ás 20:00 horas no auditorio a compañía asturiana "Teatro del Norte" presentará o seu espectáculo "Medea, la extranjera" que "non so trata do desamor, os celos e a morte, senón tamén da xenofobia, a violencia ás mulleres, a traizón, a vinganza".
O dia 15 de marzo, no colexio da Uceira "Trémola Teatro" representará "A pequena gran inventora", a historia de Laura "unha gran inventora".
Finalmente, os venres 18 e 25 de marzo, os centros educativos do Carballiño acollerán "Empoderamento sexual feminino contra a violencia de xénero", unha actividade dirixida pola psicóloga e sexóloga Mónica Novas.