Tensión e enfrontamentos entre os veciños que asistiron ao pleno da Corporación do Irixo
O clima de crispación social que vive O Irixo púxose de manifesto no pleno da Corporación, entre o numeroso público que asistíu a sesión e que se repartía entre os partidarios do Sí e o Non á incineradora.
O Alcalde trasladou a celebración do pleno ao antigo salón de actos, na planta baixa da casa do concello, según o rexedor municipal "para facilitar a comodidade dos asistentes", unha decisión que foi criticada por algunhos dos veciños "polas reducidas dimensións da sala".
O grupo de goberno rexeitou a moción presentada polo concelleiro socialista na que se pedía "rexeitar a implantación do futuro complexo de Residuos Sólidos Urbanos do Sur de Galicia no concello do Irixo". A moción foi rexeitada sen apenas entrar en debate, aínda que o Alcalde Manuel Penedo aproveitou o momento para dirixirse ao concelleiro socialista Javier Rodríguez e espetarlle ¿cántos anos traballou vostede en Cerceda? a sorpresiva pregunta foi acompañada con aplausos por unha parte do público. O socialista respondeulle decindo que "eu en Cerceda non traballei, eu dedicabame ao vidro e donde tiña o meu posto de traballo era en Verín, se estuven en Cerceda foi como un comerciante calquera". Penedo contestoulle entón " sí que traballaches e vendo o aspecto saudable que tes non che foi tan mal".
Diante da batería de preguntas presentada polo representante socialista en relación á polémica pola instalación da incineradora, que dixo trasladar ao pleno no nome dos veciños, o Rexedor Municipal manifestou que "contestaréi por escrito ou no próximo pleno".
Ao rematar a sesión, vivironse momentos de tensión entre os veciños entre acudiron a este pleno, xa fora do salón de actos os enfrontamentos verbais entre unhos e outros a punto estiveron de xerar incidentes maiores. Algunos dos veciños tiveron que mediar para calmar os ánimos, e a tensión vivida provocou que alguna persoa abandonase a casa do concello con bágoas nos ollos.