A Tertulia de COPE O Carballiño, con Luis Tosar como invitado, analiza a encrucillada polìtica do Irixo e outros temas de actualidade. Escóitaa aquí.
A crise política que afecta á gobernalidade do concello do Irixo, no que a alcaldesa Susana Iglesias está practicamente en soedade política na actúal corporación, acaparou boa parte da Tertulia dos Venres en COPE O Carballiño, na que participaron desta vez Manuel Nogueira, Fátima Gómez e Sebas Lamazares, baixo a moderación de Xan Pinal.
Como invitado, a Tertulia tivo a Luis Tosar, veciño do Irixo e Presidente da Fundación Insua dos Poetas.
A situación no Grupo Municipal de Emerxencias do Carballiño, o proxecto de creación dun poligono agroforestal no municipio do Carballiño, ou a polémica do camiño da rectoral en Anllo, foron os outros temas comentados nesta tertulia do venres dia 4 de outubro de 2024.
Escoita a tertulia no PODCAST de COPE O Carballiño: